Monday 29 de April de 2024

O mago Jorge Blass presentará na Coruña o seu novo show ‘Flipar’


Hoxe saen á venda as entradas para o espectáculo que incluirá trucos inéditos

O mago ofrecerá unha dobre función dirixida ao público familiar, prevista para os días 15 e 16 de abril no Teatro Colón

A maxia chega ao Teatro Colón co novo espectáculo do recoñecido mago Jorge Blass. O ilusionista volve á Coruña cunha dobre función os días 15 e 16 de abril para presentar unha nova proposta escénica dirixida a todos os públicos.

Con este novo espectáculo “Flipar”, Blass achega unha montaxe repleta de vistosos trucos e divertidos diálogos co público coa que busca entreter a toda a familia. Un espectáculo que conta con números novidosos, aparicións e desaparicións en directo, levitacións, teletransportacións e maxia interactiva onde os espectadores se convirten nunha peza clave da función. Números inéditos que se presentan por vez primeira e trucos moi elaborados, totalmente orixinais e preparados especificamente para este novo show.

“Flipar” estará na Coruña con dúas únicas funcións que terán lugar o sábado 15 de abril ás20.00 h e o domingo 16 ás 18.00 h. As entradas, que terán un prezo de saída dende 18euros, poderán adquirirse na web de ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense.